Rosalía, Paulo, Ánxela, Iago, Carlos e Sabela ofrecémosvos desde este curruncho do ciberespazo o noso Diario de Viaxe a China.
Sabela
a
O voo foi tranquilo a pesar de termos que abrochar os cintos en numerosas ocasións por turbulencias, a verdade é que se nos pasou o tempo “voando” (nunca mellor dito) con tantas cousiñas coas que enredar... A puntualidade foi inmellorable, tomamos terra no Aeroporto Helsinki Vantaa ás 14:25h. hora local, 19:25h en Beijing, tal e como estaba previsto.
Pasamos controis de aduana e novamente de pasaportes e entretivémonos un par de horas no aeroporto. Por fin puidemos mercar prensa española e conseguir conexión a internet gratuíta desde o noso pequeno netbook!!!
Ás 16:30h embarcamos de novo en Helsinki para saír ás 17:00h. con destino Madrid.
Ata sempre!
a
Durante o percorrido vimos outra parte da cidade que era descoñecida para nós e impresionáronnos unha vez máis as distancias que son descomunais... Descomunal é tamén a Estación, son espazos tremendamente grandes cheos de multitude de persoas que se desprazan coma formiguiñas dun lado a outro abríndose paso a base de empurróns... Todo está escrito en chinés, así que menos mal que fomos con tempo e cos billetes xa sacados e puidemos amosalos para preguntar pois, aínda así, ningún dos seis traballadores ós que acudimos soubo falar inglés.
Como nos levou tanto tempo dar coa sala de espera e tivemos que pasar varios controis, non nos animamos a saír como tiñamos previsto. Quedamos na Estación e pasamos perto de catro horas entretidísimas observando á xente e, sobretodo, sendo observados por eles; nalgures lin que o espazo vital dos chinos é un palmo menor que o noso e a partir de agora podemos dar fe de que efectivamente é así... Botamos longas partidas de cartas, fixemos fotos, exaltamos o “Bolo da casa con Nocilla” como alimento principal da nosa dieta e conversamos cun coronel chino interesado en aprender español e que se presentou cun libro de textos en español transcrito a chinés e pedíndonos que lle correxiramos a pronunciación, estivemos con el un bo pedazo ata que case perde o tren... era verdadeiramente pintoresco.
E desde o tren vimos anoitecer, pasamos a carón dunha réplica da Torre Eiffel, entretivémonos un pedazo e deitámonos a durmir pois o percorrido entre Beijing e Pingyao dura 12 horas aproximadamente e son 666 quilómetros así que activamos a alarma do móbil para as 6:00 e daquela supoñemos que xa non faltará moito para chegar á estación de Pingyao.
Xa na enorme Praza de Tiananmen (corenta hectáreas de superficie) mentres observabamos a multitude e concretamente á xente maior facendo voar papaventos, unha auténtica curiosidade, soou o meu móbil e era Carlos... Así foi posible reencontrarnos diante da Porta da Paz Celestial que dá acceso ó recinto da Cidade Prohibida baixo un enorme retrato de Mao Zedung.
Foi bo atoparnos e facermos xuntos a visita á Cidade Prohibida. Accedemos entre policías e centos, ou miles, de chinos o que nos fixo pensar que debe de haber moito turismo interno no país. É un lugar realmente impresionante, comprende 32 hectáreas de extensión e foi a residencia dos emperadores das dinastías Ming e Qing, data do ano 1421. Puidémola visitar cunha audio-guía en español e iso axudou a ampliar a información da guía en papel que levabamos e ser algo máis conscientes da historia dese impresionante lugar. Deixo unhas fotos que “falan” por si mesmas.
Ata mañá!
Collemos pouco despois o autobús de volta ó aeroporto e ás 19:00h. estabamos de novo pasando controis de pasaportes e pertenencias para embarcar pouco despois, entre chinos e finlandeses, con destino a Beijing.
Que tremendo avión!!! Instalámonos o máis cómodos que puidemos para percorrer os 6315 quilómetros que separan Helsinki da capital China. Aquí tivemos un bo enredo ademais dos de sempre pois cada asento leva unha pantalliña que axuda a que o tempo pase voando (nunca mellor dito), podes acceder a información sobre o vó, películas para tódalas idades e de distintos xéneros, xogos interactivos... Entre todo isto e mais algún momentiño de descanso, foi pasando a curta noite de hoxe, e digo curta porque hai 6 horas de diferenza con respecto a Muimenta de modo que cando ós nosos corpos lles parecían as 3 da mañá resultou que en Beijing xa eran as 9:00 e tomamos terra no seu aeroporto.
Procuramos non deitarnos demasiado tarde porque ás 6:30 temos previsto erguernos para ir ó aeroporto na furgoneta que o propio hotel pon a disposición dos seus clientes. Sen dúbida, é un servizo que se agradece un montón.
Mañá será entón un día longo e canso pero sentímonos máis que preparados e ilusionados para non só soportalo senón tamén para disfrutalo a tope. Ímolo intentar...
Pois iso, a puntinho esta de rematar a nosa estancia en Beijing e so dicirvos que todo foi ben, pasamolo de marabilla e aprendemos un monton de cousas. Sentimos que internet non estivese da nosa parte para ir compartindo tantas e tantas vivencias e experiencias con vos pero habemolo facer ainda que sexa en diferido ;-)
Agora estamos ceando no albergue para despois preparar de novo as nosas queridas mochilinhas e, con elas, achegarnos fisicamente algo mais a vos. Manha voaremos ata Helsinki e de ali a Madrid, cara ao fin de semana esperamos estar pola casa e daquela contactaremos de novo con vos cun monton de fotos que temos preparadas para que vos poidades facer unha idea do estupendo que foi todo.
Moitas grazas unha vez mais por esperarnos e moitos bicos de todos nos. Ata pronto!!!!
Sabela
Rosalía quería debuxarnos ós seis rodeados de moitos chinos e chinas pero disque lle cansaba o brazo... quedámonos entón cunha chulísima representación do que ía ser:
E con estas aportacións de cada un e mais coas mochilinhas preparadas ímonos deitar porque xa é moi tarde e cómpre descansar ;)
Esperamos voltar axiña... graciñas a todas e todos vós por esperarnos. Ata pronto!!!
萨韦拉 (Sabela)
foi realmente espectacular e encantounos todo: música, luz, vestiario, coreografías, acrobacias, malabares... Neste caso nin sequera as imaxes serían suficientes para achegarvos unha idea do impresionante que foi a actuación, é por iso que vos ofrezo este video doutra actuación desta mesma compañía e que vos pode aproximar un pouco ó que para nós foron dúas horas sen apenas pestanexar...
Sen dúbida foi un bonito preámbulo para a nosa viaxe a China e non queriamos tardar en compartilo con vós. A que é chulo?
Un bico e ata mañá.
萨韦拉 (Sabela)
Tamén estivemos falando dos longos tempos de percorrido que nos esperan ata chegar a Beijing: as cinco horas no noso coche ata chegarmos a Madrid, as catro e media de avión entre Madrid e Helsinki, as sete horas entre Helsinki e Beijing (máis seis horas de diferenza horaria) e os correspondentes tempos de espera nos aeroportos... Como tamén pretendemos disfrutar dos traxectos pois estivemos pensando naqueles enredos que nos convén levar. Comezamos a recopilar as nosas músicas favoritas para escoitar no coche: tres ou catro cds de Mamacabra que nos encantan, algún da Carochinha dos que adoitamos mercar cada vez que nos achegamos a Portugal e o cd Contos en Cantos de OQO que mercamos este verán e co que repasamos as cancións de Chocolata, Paco Papán, Cocorico... que tanto nos gustan desde que as descubrimos no cole, estamos entusiasmados con el. Levaremos tamén a caixiña metálica na que sempre van as pinturas e un caderno, paréceme a min que en Beijing imos atopar moitas cousiñas chulas para debuxar e colorear. Acompañarannos unha vez máis os "Minilibros para soñar" de Kalandraka que non ocupan apenas nada e dan moito xogo para ler e reler nos diferentes traxectos.
Levaremos tamén un netbook pequerrechiño e lixeiro que esperemos nos dea tamén moito xogo, entre outras cousas para comunicarnos con vós, descargar as fotos que vaiamos facendo, buscar información... E a pesar de todo isto, estamos seguros de que tamén ha de haber algúns momentos para molestarnos mutuamente, pelexar, chorimiquear, acusar... en fin, a ver se conseguimos que polo menos non ocorra con demasiada frecuencia ;-)
E por hoxe nada máis, só adiantarvos que mañá imos a Coruña para ver un espectáculo... volveremos tarde pero prometemos actualizar axiña para contarvos como foi, só dicirvos que forma parte destes "preparativos" que nos ocupan a tope esta semana... ¿?¿?
Moitos bicos e ata moi prontiño que agora si que non tardaremos en volver por aquí. Que ilusión nos fai viaxar con vós!
萨韦拉 (Sabela)
E a maior parte desta quincena pasámola no torneo de tenis que se celebrou en Muimenta e no que se xogaron máis de douscentos partidos... Divertímonos moito e seguimos aprendendo un montón sobre este deporte, unhas veces xogando contra bos rivais e outras simplemente vendo partidos entre grandes xogadores. Iago clasificouse en primeiro lugar en dúas categorías: cadete e absoluto de non federados e Paulo recibiu o segundo premio na categoría benxamín (desde aquí queremos mandar unha felicitación a Jose porque estamos seguros de que el sería o segundo clasificado en caso de que xogase os dous partidos que non puido disputar...)


